VIII Ciclo de Cine y Medicina: "Solas"

11 abr 2023
VIII Ciclo de Cine y Medicina: "Solas"

Benito Zambrano (España, 1999) 98 min.  Cor.  Dolby dixital. AR: 1,85:1   [+7] VOE

 

Trailer: https://www.youtube.com/watch?v=MGFLTkvxDZw

 

María (Ana Fernández) malvive nun escuro apartamento dun barrio miserable, traballa eventualmente como moza da limpeza e, case con corenta anos, descobre que está embarazada dun home que non a ama. A súa soidade é tan grande que só atopa consolo na bebida. A súa nai (María Galiana), que consumiu a súa vida á beira dun home violento e intolerante, non ten nin sequera o consolo de tela preto. Con motivo do ingreso do seu marido nun hospital, a nai visita a María no seu apartamento e coñece a un veciño viúvo (Carlos Álvarez) que vive co seu can. A relación que se establece entre estes tres náufragos alivia as súas soidades e deixa unha porta aberta á esperanza. 


Premios
1999: Festival de Berlín: Premio do Público
1999: 5 Goyas: incluíndo mellor dirección novel e guión orixinal. 11 nomeamentos
2000: Premios Ariel: Mellor película iberoamericana

"Sobrio, duro e cativador drama sobre a soidade, a pobreza e os soños afogados en alcol. Zambrano, no seu barato e humilde debut, conquista a crítica e público cunha mostra excelente do cinema español de final de século que foi, ademais, o paradigma do éxito "boca a boca", axudado do respaldo do premio do público do festival de Berlín" (Pablo Kurt, FilmAffinity)

 

 



Compartir en: