Actividade de FADEMGA FEAPS GALICIA (III Sesión Clínica)

General 17/09/2013

FADEMGA FEAPS GALICIA, (Federación de Asociacións a Favor das Persoas con Discapacidade Intelectual de Galicia) organiza o día 21 de outubro unha nova edición da Sesión Clínica.

Esta terceira edición consistirá, como é habitual, nunha xornada adicada ó análise de casos de difícil intervención presentados polos membros do Grupo de traballo sobre trastornos mentais e/ou alteracións de conduta da Federación.

Volvera a contar co apoio e asesoramento do prestixioso psiquiatra Ramón Novell,  profesional do Instituto para a Atención e Investigación na Discapacidade Intelectual e do Desenvolvemento (INARDI).

O obxectivo desta sesión é crear un espazo de reflexión e formación para dotar aos profesionais de estratexias e recursos útiles á hora de desenvolver a súa labor profesional.

 

Destinatarios:

• Médicos psiquiatras

• Profesionais das entidades federadas

 

Horario: 10:00 – 14:00 / 16:00 – 18:00

 

Lugar de Celebración: Centro Empresarial do Tambre na cidade de Santiago de Compostela. p>

 

Para formalizar a inscrición consulten a páxina web www.fademga.org.

 

Prazo de inscrición ata o 14 de outubro (AFORO LIMITADO ATA CUBRIR PRAZAS)

 

Para máis información contacten a través do teléfono 981.519.650, ou correo electrónico: areasocial@fademga.org. Persoa de contacto: Pilar Villaverde.


Compartir en:

Haz un comentario



*Campos obligatorios

Código de verificación
He leido y acepto la Política de privacidad*

Etiquetas sugeridas

protección de datos

Esta web emplea cookies. Si continúas navegando estarás aceptando su uso. Más información | Aceptar