Documento de consenso entre o Consello de colexios médicos de Galicia e os sindicatos médicos CESM e OMEGA

General 22/02/2013

Os catro Colexios Médicos de Galicia e os sindicatos médicos CESM e OMEGA, reunidos para reflexionar sobre a situación actual da Sanidade Pública galega, deciden facer público o seguinte:
  
. O seu compromiso cun Sistema Sanitario Público de calidade a disposición de todos os cidadáns de Galicia.
  
. O rexeitamento ao continuo goteo de recortes que os Gobernos estatal e galego veñen decretando, sen dialogo previo, nos últimos meses. Recortes que están a afectar negativamente no clima laboral e profesional dos centros do SERGAS e ameazan con deteriorar a calidade da asistencia prestada aos cidadáns.
 
. A permanente disposición que sempre tiveron as organizacións presentes na reunión, ao acordo coa Administración para unha mellora continua na eficiencia asistencial que garanta a sostibilidade do sistema sanitario público que defendemos. Sempre dende o consenso cos profesionais e baseado no coñecemento científico dispoñible, así como no debido respeito aos dereitos laborais e deontolóxicos dos facultativos.
 
. En todo caso, entendemos que todo acordo debe basearse na confianza entre as partes. E que a confianza non é posible con decisións unilaterais de recortes retributivos aos médicos, indiscriminados, inxustos e ineficientes en si mesmos -a medio e longo prazo- para o suposto aforro que pretenden conseguir.
  
. Para iso é necesario que non se tomen por parte da Administración as novas medidas de recorte que no ámbito sanitario están previstas no borrador de Presupostos para 2013 e, se abra o proceso de debate, consenso e acordo con Colexios Médicos e Sindicatos antes salientado, baseado nun modelo de xestión máis próximo aos profesionais que ao actual. Un cambio de estratexia, por outra parte, imprescindible para a mellora da sanidade pública galega.

Compartir en:

Haz un comentario



*Campos obligatorios

Código de verificación
He leido y acepto la Política de privacidad*

Etiquetas sugeridas

protección de datos

Esta web emplea cookies. Si continúas navegando estarás aceptando su uso. Más información | Aceptar