ASOCIACIÓN ESPAÑOLA CONTRA EL CÁNCER. Junta Provincial de Ourense.NOTA INFORMATIVA

General 27/06/2012

Ballet infantil e xuvenil na gala benéfica contra o cancro, coa representación de "Blancanieves" no Teatro Principal
 
O Obradoiro de Danza Clásica de Ourense representa a obra "Blancanieves y los siete enanitos" coa participación de trinta bailaríns e música de Dvorak
A gala benéfica en favor da Asociación española contra o cancro de Ourense presenta o vindeiro xoves, 28 de xuño, ás 21.00 horas, no Teatro Principal de Ourense o espectáculo "Blancanieves y los siete enanitos", un espectáculo do Obradoiro de Danza Clásica de Ourense no que participan trinta bailaríns infantís e xuvenís.
Con música de Antonin Dvorak e coreografía e dirección artística de Ana María Santos, a obra recrea o famoso conto infantil de "Blancanieves", cun reparto no que saen a escena enaniños, mariquiñas, coelliños, cortesanas, principiños a raíña (madrastra) e a bailarina principal: Blancanieves. As entradas para esta función benéfica están dispoñibles na sede da Asociación Española Contra o Cáncro de Ourense e na taquilla do Teatro Principal o mesmo día da actuación, de 11.00 a 13.30 horas, e unha hora antes do inicio da función. O prezo das localidades é de 7 euros.

ASOCIACIÓN ESPAÑOLA CONTRA EL CÁNCER – Junta Provincial de Ourense
C/ Curros Enríquez, 26 – 1º Izq. * 32003   OURENSE   *  G 28197564
Telf: 988219300 – 988219306  * Fax: 988219306  * E-mail: ourense@aecc.es * Web: www.aecc.es
Infocáncer 900100036 llamada gratuita

Compartir en:

Haz un comentario



*Campos obligatorios

Código de verificación
He leido y acepto la Política de privacidad*

Etiquetas sugeridas

protección de datos