Sesión AMQ: ¿Necesitamos un Novo Plan de Mellora en Atención Primaria?

Xeral 09/12/2015

A Atención Primaria ten un papel primordial dentro da atención sanitaria por ser a base do sistema sanitario, primeiro nivel de atención, nivel máis accesible e a porta de entrada que facilita o acceso ordenado e racional á atención especializada.
Son moitos os retos que ten que afrontar, como son o envellecemento da poboación, a difusión das novas tecnoloxías sanitarias, o incremento de enfermidades crónicas, a incorporación de persoas inmigrantes, ...

O PLAN DE MELLORA DA ATENCIÓN PRIMARIA DE GALICIA 2007-2011 tiña como obxectivo promover a calidade da atención, aumentar a carteira de servizos e incrementar a capacidade de resolución, e poñer á Atención Primaria en situación de dar resposta ás necesidades reais da cidadanía.

Pero a súa implementación non seguíu a folla de ruta desexada.

Preto dunha década despois, ¿NECESITAMOS UN NOVO PLAN DE MELLORA EN ATENCIÓN PRIMARIA?
Ponentes:
Dr. Jesús Rey García, Dr. Jesús Sueiro Justel, Dr. José Luis Álvarez Prieto
Día: 10 de diciembre 2015
Hora: 20 horas
Lugar: Sede Colegio Oficial de Médicos de Ourense (C/Juan XXIII, 19 entlo.)

Compartir en:

Fai un comentario



*Campos obrigatorios

Código de verificación
Lin e acepto a Política de privacidade*