Festa Infantil 2019

Xeral 12/12/2018

Festa Infantil 2019

Un ano máis, desde os Colexios de Médicos, Farmacéuticos e Veterinarios de Ourense, alégranos convidarvos á xa tradicional festa infantil de Nadal.
Os Reis Meigos recibirán aos nenos o día 3 de xaneiro no salón de actos do colexio  Salesianos a partir das 17:00.
Será unha tarde de merenda e xogos na que os nenos poderán gozar tamén dun contacontos e facer entrega da súa carta aos Reis Meigos. E, como sempre, haberá algunha sorpresa...
Os colexiados que o desexen poden inscribir aos seus fillos, netos e familiares directos menores de 12 anos nas oficinas colexiais, a través do teléfono 988210593 ou por e-mail a: colegiomedico@cmourense.org
Como xa sabedes, por limitación de espazo e motivos de seguridade, o máximo de nenos será de 100, por rigorosa orde de inscrición. Á hora de inscribir aos pequenos é imprescindible sinalar, ademais do nome e a idade, se teñen algún tipo de alerxia ou intolerancia alimentaria.
O noso desexo é contribuír á  alegria destas datas


Compartir en:

Fai un comentario



*Campos obrigatorios

Código de verificación
Lin e acepto a Política de privacidade*