O próximo  dia 15 de Outubro, luns, vai inaugurarse no  hall do Novo Edificio de Hospitalización (-1) unha exposición fotográfica sobre Dereitos en Saúde Sexual e Reprodutiva na India Rural co obxectivo de achegarnos á realidade desa contorna, onde a Fundación Vicente Ferrer leva traballando desde fai  decadas.
O Colexio Médico de Ourense colabora coa devandita Fundación desde hai un tempo e quere convidarvos á inauguración e/ou a visitar con calma a  exposicion que permanecerá ata o 30 de Novembro.
Agradecemos por outra banda as facilidades e a cooperación da  Xerencia da nosa  EOXI para que esta actividade puidese levar a cabo.
                                
                                                
                                                
                                        
                                            
                                                
                                            
            
















