IV Ciclo de Cine e Medicina: "Cuentos de Tokio"

Formativo 18/04/2018

IV Ciclo de Cine e Medicina: "Cuentos de Tokio"

Contos de Tokio de Yasujiro Ozu, estreada en 1953, é unha obra mestra. Unha parella de anciáns viaxa á gran cidade a visitar aos seus fillos e os seus netos pero, estes, sumidos no vórtice do seu día a día, non teñen tempo para eles. O filme é un acongoxante retrato da descomposición de Xapón tras a derrota na II Guerra Mundial, que se traduce nunha perda irremediable dos valores que fixeron grande ao país e que Ozu estraña profundamente: o respecto polos maiores e o desmembramento da familia tradicional, columna vertebral da sociedade durante centurias.

Despois da película haberá un debate/ forum duns 20 minutos no que contaremos con profesionais vinculados á temática.


Compartir en:

Fai un comentario



*Campos obrigatorios

Código de verificación
Lin e acepto a Política de privacidade*