Declaración do CGCOM

Posicionamentos 11/08/2020

A Profesión Médica reclama responsabilidade á cidadanía e unha actuación efectiva do Ministerio de Sanidade e de todas as Administracións ante a reactivación da COVID-19.

  • Existe un claro sentimento de decepción e indignación nas profesións sanitarias, lastrado polo cansazo de meses de traballo intenso e xornadas esgotadoras.
  • A decepción esténdese ao comportamento dos responsables políticos e institucionais pola falta un liderado común na resposta sanitaria de todos fronte á COVID-19.
  • A profesión médica reclama que as autoridades sanitarias traballen de forma conxunta e colaborativa, para crear un marco comunmente aceptado e respectado, de normalización da actuación de saúde pública e vixilancia epidemiolóxica.
  • É fundamental dar un “golpe de temón” na gobernanza da loita contra a COVID-19 para evitar unha segunda reactivación da pandemia.
  • A dificultade de resposta do SNS ante a pandemia é o resultado de aspectos da súa propia configuración institucional, e do subdesarrollo da Atención Primaria e a Saúde Pública.
  • CGCOM apoia a proposta dunha avaliación independente que permita entender a dificultade de control da Covid-19 en España.
  • Os incumprimentos tolerados pola inacción das autoridades han de corrixirse cunha asignación e activación de recursos, tanto normativos como de persoal.
  • número e amplitude de brotes supoñen un claro risco de desbordamento da capacidade local de control, e expoñen a necesidade de preparar instrumentos para a limitación da mobilidade en ámbitos máis amplos de poboación.
  • A dilixencia e rapidez na actuación dos “rastreadores” é esencial para que non renda a incerteza e non se multipliquen os incumprimentos de illamentos e corentenas.
  • A autoridade sanitaria central, o Ministerio de Sanidade, e o Consello Interterritorial do SNS, debe liderar as mensaxes para que a cidadanía tome conciencia do seu papel esencial e crítico.
  • A profesión médica quere seguir mantendo o liderado sanitario e quere, desde a honestidade e desde o profesionalismo seguir sendo referente nas políticas sanitarias do noso país participando na toma de decisións.

Compartir en:

Fai un comentario



*Campos obrigatorios

Código de verificación
Lin e acepto a Política de privacidade*
Esta web emprega cookies. Continuar navegando estarás a aceptar ou seu uso. Máis información | Aceptar