FESTA INFANTIL 2020

Xeral 19/12/2019

Un ano máis, desde os Colexios de Médicos, Farmacéuticos e Veterinarios de Ourense, alégranos convidarvos á xa tradicional festa infantil de Nadal. Os Reis Magos recibirán aos nenos o día 2 de xaneiro no salón de actos do colexio Salesianos a partir das 17:00.

Será unha tarde de merenda e xogos na que os nenos poderán gozar tamén de diferentes animacións infantís e facer entrega da súa carta aos Reis Magos. E, como sempre, haberá algunha sorpresa... Os colexiados que o desexen poden inscribir aos seus fillos, netos e familiares directos menores de 12 anos, enchendo o formulario, tamén nas oficinas colexiais ou a través do teléfono 988 210 593

Como xa sabedes, por limitación de espazo e motivos de seguridade, o máximo de nenos será de 100, por rigorosa orde de inscrición. Á hora de inscribir aos pequenos é imprescindible sinalar, ademais do nome e a idade, se teñen algún tipo de alerxia ou intolerancia alimentaria. O noso desexo é contribuír a facer un pouco máis agradables estas datas.


Compartir en:

Fai un comentario



*Campos obrigatorios

Código de verificación
Lin e acepto a Política de privacidade*