NOTA DE PRENSA CONSELLO GALEGO DE COLEXIOS MÉDICOS. CONSENTIMENTO INFORMADO REFORZADO NA REAPERTURA DO PARITORIO DO HOSPITAL DE VERÍN

Posicionamentos Xeral 03/02/2020

O  Consello  Galego de  Colexios Médicos cre que esta fórmula anunciada para autorizar o proceso de parto en Verín, con motivo da súa inminente reapertura, é inadmisible desde o punto de vista ético e asistencial.

O consentimento informado ( CI) é unha ferramenta xa consolidada no noso sistema sanitario para que os pacientes, tras recibir unha información comprensible e suficiente -baseada no coñecemento científico e nos  standares de calidade asistencial aceptados para o procedemento en #cuestión- decidan  autónomamente se se someten ou non a unha intervención cirúrxica, a un tratamento médico ou a unha proba  diagnóstica. É por tanto unha garantía de autonomía do enfermo na toma de decisións médicas. Non pode ser, en ningún caso, unha delegación de responsabilidades da Administración Sanitaria,  provisora do servizo, cara aos pacientes.

E esta inédita variante de consentimento informado reforzado que se nos anuncia, retorce o obxectivo para o que foi creado o  CI, trasladando ás nais que vaian parir en Verín a decisión de facelo alí -e por tanto das consecuencias que diso poidan derivarse-, nunhas condicións que foron cuestionadas por informes técnicos profesionais.

Este  Consello  Galego entende que se o SERGAS asume a reapertura do  paritorio do Hospital de Verín, debe facelo desde o convencemento de ofrecer ás nais e  neonatos as mesmas condicións de seguridade e calidade asistencial que no resto de  paritorios de Galicia.

Se non está seguro diso, non debe escudarse en "reforzos" delegados nas familias e os médicos. Súa e só súa é a responsabilidade da reapertura. Sen reservas anticipadas nin consentimentos informados "reforzados".

NOTICIAS RELACIONADAS:

Verín: choque entre Sergas y colegio médico por el "consentimiento reforzado"

Los médicos gallegos tildan de «inédita» la variante del consentimiento reforzado para parir en Verín

El paritorio de Verín reabre tras dos meses de cierre: "Por fin volvemos a la normalidad"


Compartir en:

Fai un comentario



*Campos obrigatorios

Código de verificación
Lin e acepto a Política de privacidade*
Esta web emprega cookies. Continuar navegando estarás a aceptar ou seu uso. Máis información | Aceptar