Una necesidad: una solución. Ayudamos a que la gente mayor viva en su casa. Asociación de Vida Independiente (AVI)

Formativo 23/01/2019

Una necesidad: una solución. Ayudamos a que la gente mayor viva en su casa. Asociación de Vida Independiente (AVI)

O martes 29 de xaneiro ás 20 h. no Centro Cultural Marcos Valcárcel, en colaboración con Foro A Rexión, teremos unha Sesión, aberta ao público en xeral, "Asociación de Vida Independente (AVI): Unha necesidade: unha solución. Axudamos a que a xente maior viva na súa casa". Trátase dun modelo que xa funciona en Barcelona para dar resposta personalizada, con orientación multidisciplinar, ás necesidades concretas -no seu fogar e na súa vida cotiá- ás persoas discapacitadas ou dependentes (incluídas as situacións vinculadas ao envellecemento e as enfermidades crónicas).

En AVI colaboran na contorna dun Centro de Vida Independente ( CVI), médicos, arquitectos, fisioterapeutas, enfermeiros, logopedas, traballadores sociais, enxeñeiros, avogados... para resolver esas necesidades, formar nestes aspectos relacionados coa discapacidade aos profesionais interesados e manter un laboratorio de innovación tecnolóxica para o deseño e investigación de produtos de apoio á mobilidade e a adaptación.

A experiencia e os proxectos desta Asociación serán presentados por Asunción Torrents Fernández, Sandra Millet e Lluisa Plá, presidenta, xerente e directora asistencial de AVI.

Desde o Colexio Médico cremos que é unha iniciativa de gran interese nunha contorna como o de Ourense cun alto índice de envellecemento e discapacidade. Por iso quere propoñer ás institucións da cidade e a provincia, reproducir na nosa contorna, este servizo á comunidade.

Convidámosvos a esta Conferencia e pedímosvos que o fagades no noso nome a todas as persoas que poidan estar interesadas.

 


Compartir en:

Fai un comentario



*Campos obrigatorios

Código de verificación
Lin e acepto a Política de privacidade*