Xornada sobre Atención Primaria: Diagnóstico e Tratamento

Formativo 29/10/2018

Xornada sobre Atención Primaria: Diagnóstico e Tratamento

Estimados compañeiros/ as:
Como ben sabedes, o Colexio Médico de Ourense e o  Consello  Galego de  Colexios Médicos, vén manifestando a necesidade de potenciar e reformar a Atención Primaria en Galicia como o único modo de manter a calidade da asistencia sanitaria pública no seu conxunto e garantir a súa sustentabilidade.
Nesta liña o martes 13 de Novembro ás 17.30  h no Colexio Médico de Santiago imos desenvolver unha Xornada de debate e reflexión sobre a realidade actual en A. P., as causas do momento problemático que vivimos en Galicia e as iniciativas que xa se puxeron en marcha noutras CCAA -como Euskadi- para mellorar a xestión dos recursos humanos neste ámbito asistencial.
Para iso contaremos con dous médicos cun longo percorrido e experiencia na Atención Primaria en Galicia, Xosé Lois López e Manuel Domínguez  Sardiña. E coa presenza de  Kepa  Urigoitia, presidente do Colexio Médico de  Araba e do Sindicato médico de Euskadi.
Ademais da a  colegiación, convidamos á Xornada ao SERGAS e ás catro  SSCC de AP en Galicia, para debater desde todos os puntos de vista e alcanzar, se é posible, conclusións e propostas a implementar para mellorar a actual situación.
Animámosche a acudir a esta Xornada e a participar activamente na mesma. A túa achega, desde a realidade do día a día, é fundamental para mellorar, potenciar e reformar o que sexa necesario para que a A. P. poida seguir sendo a base sólida do noso sistema público de saúde.

Un saúdo,

José Luis Jiménez Martínez
Presidencia Colexio Médico de Ourense


Compartir en:

Fai un comentario



*Campos obrigatorios

Código de verificación
Lin e acepto a Política de privacidade*
Esta web emprega cookies. Continuar navegando estarás a aceptar ou seu uso. Máis información | Aceptar