O sistema sanitario susténtase, en esencia, no traballo e compromiso dos seus profesionais. Sen médicos, non hai sanidade. E sen condicións laborais adecuadas, o propio sistema deixa de ser sostible.
A actual situación de sobrecarga asistencial, xunto con xornadas prolongadas e a falta de profesionais, compromete non só o exercicio da medicina, senón tamén a calidade da atención que reciben as persoas pacientes.
A folga médica non responde a unha reivindicación corporativa, senón á necesidade de garantir unha asistencia sanitaria segura, de calidade e sostible no tempo.
Defender condicións dignas para os profesionais é, en definitiva, defender a sanidade pública e a seguridade das persoas pacientes.


















